Wiki de Debian Edu
Debian Edu é un sistema operativo baseado no Debian, que está adaptado as necesidades das escolas e institucións deste tipo. Debian Edu permite crear unha rede completa e integra moitos paquetes con programas educativos, clasificados por temática e nivel educativo nos metapaquetes axeitados: por iso é unha Mestura Pura de Debian. Hai dispoñibles medios de instalación de Debian oficiais.

Pode atopar máis información na Wiki de Debian Edu e nos manuais.

Probe Debian Edu, se vostede

  • ten que administrar unha sala de informática, ou a rede completa dunha escola
  • gustaríalle montar servidores, estacións de traballo e portátiles; de maneira que podan comunicarse entre sí
  • quere ter a estabilidade de Debian, pero cos servizos de rede xa configurados
  • gustaríalle usar unha ferramenta web para xestionar sistemas e centenares de usuarios
  • pregúntase se, e como, pódense reciclar os ordenadores vellos

Descarga / Instalación / Manuais

As páxinas co estado das versións actual (Bullseye) e futura (Bookworm) conteñen ligazóns de descarga actualizadas. Pode atopar instrucións máis detalladas nos manuais correspondentes. Os manuais están dispoñibles en máis de dez idiomas.


Ferramenta de Administración GOsa²

Debian Edu Bullseye co escritorio Xfce